TECENDO VÍNCULOS: MAIORES ACTIVOS NA PEROXA

Compartir

TECENDO VÍNCULOS: MAIORES ACTIVOS NA PEROXA
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE E O CONCELLO DA PEROXA, PARA A COLABORACIÓN NO FINANCIAMENTO DO PROGRAMA “TECENDO VÍNCULOS: MAIORES ACTIVOS NA PEROXA” PARA O EXERCICIO 2025

Esta programación, que leva por nome Tecendo vínculos: maiores activos na Peroxa, está dirixida a veciños e veciñas de máis de 55 anos e ten como finalidade mellorar a calidade de vida dos participantes con obradoiros centrados nas áreas cognitiva, funcional, física, social e emocional. Así, a través de diferentes obradoiros, os maiores traballan a memoria, practican ximnasia e realizan excursións e visitas culturais.