Pazo de Turbisquedo, na parroquia de San Cristovo do Souto, construído no século XVIII. Posúe unha planta rectangular, con patio interior, tamén rectangular, rodeado en tres das súas partes por unha solaina.
Ten un portón de acceso en arco rebaixado, sobre o que se atopa un balcón cunha varanda de ferro. Posúe un torreón cadrado coroado por un tambor octogonal e cúpula no ángulo esquerdo.
Na fachada leste ten dous balcóns e un garito rectangular. Na leira hai un hórreo de pedra e madeira.