![Alcalde](/sites/portalaperoxa/files/styles/wide/public/2024-06/alcaldeg.jpg?itok=2oBMjxhs)
ALCALDÍA
Ó frente da Alcaldía atópase o Sr. D. Manuel Seoane Rodríguez (Partido Popular), veciño da Peroxa e polo tanto coñecedor das súas problemáticas e necesidades.
Por outra banda, existe un Equipo de Goberno que se encarga da xestión deste municipio do noroeste de España.
A Casa do Concello componse dun único edificio que abarca tódalas necesidades que precisa este municipio.
EQUIPAMENTO ADMINISTRATIVO
A dotación deste tipo de equipamento limítase á Casa Consistorial, situada na capitalidade do municipio.
O edificio está composto por dous andares e mailo sótano.
Ó carón deste edificio atópanse a Almeda do Concello, o polideportivo municipal Anxo Munín, a piscina municipal e mailo novo Centro Cultural, que alberga o Museo Etnográfico, o Auditorio e maila Biblioteca municipal.
O Concello da Peroxa conta cunha serie de servizos cos que calquera veciño e visitante do municipio pode contar, nunha xornada laboral de luns a venres, entre as 09:00 e as 14:00 horas.
Estes servizos son:
SECRETARÍA
URBANISMO
SERVIZOS SOCIAIS (previa cita)
OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL
ORIENTACIÓN LABORAL
AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
Para calquera consulta pode poñerse en contacto con nós no teléfono 988 206 614 en horario de oficina.