Na Peroxa podemos facer unha gran variedade de cousas, tales coma rotas polo río en catamarán, se che gosta pasear poderás facer sendeirismo, ou se prefires algo máis movido podes practicar deportes tales coma o fútbol ou un sinxelo frontón. Non obstante, se che gosta a aventura e o risco, este tamén é o teu sitio como poderás descubrir na sección de Turismo e aventura.
Deportes
Image
| Polideportivo municipal Anxo Munín: Situado na capital do Concello, constrúese no 1996. Eiquí xoga os seus partidos como equipo local A Peroxa fútbol sala feminino. O polideportivo está preparado para alberga-los partidos de distintas disciplinas: fútbol-sala, balonmán, baloncesto, tenis e voleibol. As instalacións inclúen seis vestiarios, dous almacéns de material deportivo, pista deportiva, gradas e uhna taquilla. |
Image
| Campo municipal de fútbol de O Marco: Cerca da capital do municipio. Neste campo de fútbol (o cal está de reformas actualmente), entrénanse e xogan os seus partidos os equipos da Peroxa C.F, e o Atlético A Peroxa, que militan na primeira e na terceira rexional respectivamente. O campo consta de tres vestiarios, gradas, tunel de vestiarios, bar e almacén. |
Image
|
Cancha de fútbol-sala Municipal de Os Peares: Situada cerca do centro de Saúde de Os Peares. Nela xoga o equipo Os Peares de fútbol sala. Polideportivo municipal de Corbelles: No pobo de Corbelle, o cal pertenece á parroquia de Gueral. Conta con instalacións apropiadas para a práctica do fútbol e baloncesto. Cancha en Armental: Acondicionada para fútbol- sala e baloncesto. Cancha en Vilarrubín: Acondicionada para fútbol- sala e baloncesto, balonmán e voleibol. Cancha del Campo da Saude: Situada cerca do santuario da Virxe da Saúde. Frontón: Na praza do Concello.
|
Andainas Rurais
Image
Image
| Sendeirismo
|
Xornadas de aventura
Image
Image
| Peroxa constitúese polo seu marco natural, como o lugar idóneo para desfrutar da natureza en todo o seu esplendor. A súa paisaxe e variada orografía fai de este concello o soño de todo aventureiro. Con este fin, a empresa Galitur Sport elixiu este concello como escenario dunha variada gama de deportes de aventura que farán as delicias de calquera. Escalada, puenting, paint-ball ou barranquismo son algunhas das ofertas que poden realizarse baixo un paraxe inolvidable. Por outra parte, castros e outros vestixios arqueolóxicos evocan dende antano a presencia dos primeiros poboadores na Peroxa. |
Piscinas
Image
| O Concello ten a disposición dos seus veciños e visistantes unhas piscinas a carón da casa Consistorial. A apertura das Piscinas municipais efectúase no mes de Xuño. |
Ruta Gastronómica
Image
Image
Image
Image
| Pode incluir o noso Concello dentro da súa axenda gastronómica. No noso concello, ademais das súas feiras tradicionais, onde podes degustar o polbo, o pan e o viño da rexión, posúe tamén unha festa gastronómica que ten coma protagonista o seu prato estrela da Carne ao Caldeiro de Vitela. Non debes perdela. |