Puntos de interese

  •  Área de recreo que acompaña a capela da Nosa Señora da Saúde. 
  • Capela da Nosa Señora da Saúde
     Esta capela, situada na parroquia de Mirallos, é o centro mariano máis importante da comarca. O terceiro domingo de setembro celébrase a Romaría da Saúde na que participan numerosas persoas da…
  • Capela de Cinconogueiras
     Modesta capela do s.XVIII, ben agradable de mirar dada a ben conxuntada fachada. 
  • Casa Castelo de Cinconogueiras
     Propiedade privada non visitable. Edificio en pedra de dúas plantas e tres torres, con patio interior parcialmente cuberto. Construída no ano de 1750, foi declarada BIC en 1949. 
  • Castelo de A Peroxa
     Castelo medieval (ca. 793), situado perto do centro do concello –onde antigamente houbo un castro– nun lugar desde onde se observa unha fermosa panorámica. Se ben se mantivo en bo estado ao…
  • Concello de A Peroxa
     A Igrexa de Santiago foi construída na segunda década do s. XX, con pedra do Castelo da Peroxa, a imitación dun templo de estilo barroco. Na súa fachada loce unha dobre espadana coroada por un…
  • Fervenza de Santigueiro
     Encantadora paraxe con varios pequenos saltos –apenas a un deles podemos chamar fervenza– dun regato afluente do río da Barra que desemboca máis abaixo no Miño. 
  • Fonte e Casa de As Paraxas
     Fermosa casa grande labrega, situada na parroquia de A Peroxa, dedicada na actualidade ao turismo rural. Paga a pena achegarse á agachada fonte. 
  • Fonte lavadoiro de As Barbeitas
     Na parroquia de Toubes seguen as fontes e a arquitectura relacionada coa auga, como é o caso do lavadoiro. 
  • Fonte lavadoiro de As Casarizas
     Estamos na parroquia de Mirallos, no lugar das Casarizas. Un antigo lavadoiro, cunha cubrición que o desmerece é outro bo exemplo de como se aproveita a abondosa auga para diversas necesidades…
  • Fonte lavadoiro de Corneda
     Pequeno lavadoiro embutido no camiño perfectamente enmarcado por dous sobranceiros carballos. 
  • Fonte lavadoiro de Goiás
     Pequeno lavadoiro agochado baixo unha columnas e unha cuberta de construción recente.