Información do Proxecto

Información do Proxecto

A entidade promotora é o Concello de A Peroxa. O investimento é de 24.500€, dos que 17.150 achega Adercou dentro do programa LEADER 2014/2020 do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, no que participa AGADER, Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do Goberno de España.

O proxecto consiste en por a disposición das persoas interesadas unha senda circular de 23,8 km que discorre polo Concello cun punto de saída/chegada no centro da capital municipal. A dificultade da senda é alta se se fai andando, correndo ou en bicicleta e media de facela en moto. En calquera dos casos, pretendemos que se use este percorrido dun xeito responsable e tendo en conta que son camiños públicos e, loxicamente, compartidos.

Os obxectivos da iniciativa son: fomentar o contacto coa natureza, dinamizar a zona –e por tanto alentar a economía– e mellorar a oferta de actividades turísticas do Concello.

O execución do proxecto divídese en catro intervencións:

  • O acondicionamento dos camiños existentes que forman parte da ruta, realizando a limpeza dos mesmos mediante podas, desbroces e retirada de restos que obstaculizan o paso.
  • A instalación de sinalización cun cartel informativo no inicio e diferentes sinais de ruta nos cruces, marcando o camiño correcto e os perigos que podemos atopar.
  • A creación dunha zona de lavado para bicicletas e motos a carón do Pavillón Deportivo. Tamén, no mesmo punto, está situado o espazo de vestiarios e aseos desta instalación.
  • O uso das tecnoloxías da información e a comunicación na senda: creación de código QR para un acceso rápido á web e á app, elaboración da aplicación web da senda, conversión da mesma nunha app de móbil e, por último, acceso destes servizos e informacións desde a páxina web municipal.

A construcción da senda

Esta iniciativa, promovida polo Concello de A Peroxa, conta coa axuda das seguintes entidades: