A senda

A Senda

É un percorrido circular que ten unha lonxitude de 23,80 km. Ten chan e boas costas como o demostran as diferencias de altitude segundo o punto no que esteamos, variando entre un mínimo de 412 e un máximo de 740 m sobre o nivel do mar.

É unha ruta deseñada para se facer andando ou correndo e en dúas rodas, bicis e motos. Ten unha dificultade media en moto e alta a pé ou en bicicleta.

A construción da senda deseñouse integrando outras sendas, camiños, corredoiras e pequenas estradas xa existentes, sempre coa idea de que amosar boa parte do patrimonio antropolóxico, cultural e natural do concello. Só polas paisaxes e as árobores senlleiras paga a pena facela.

Parte do centro de A Peroxa e despois dos 23 km chega ao mesmo punto. Nesta meta é onde está a zona de lavado de vehículos de dúas rodas, no Pavillón Deportivo.