Turismo

Entorno natural do Castelo da Peroxa

 

 

A Peroxa forma parte da Galicia auténtica, onde se respira de xeito especial a tradición e a cultura galegas. Situado a tan só 15 km de Ourense, a masificación e maila explotación turística non fixeron mella no municipio para goce dos veciños e visitantes.

O municipio esténdese por unha superficie duns 55 km2, divididos en catorce parroquias:

  • Armental
  • Beacán
  • Carracedo
  • Celaguantes
  • Graíces
  • Gueral
  • Mirallos
  • Os Peares
  • San Xes da Peroxa
  • A Peroxa (capitalidade do municipio)
  • O souto
  • San Cibrao
  • Toubes
  • Vilarrubín