Que ver

Visita A Peroxa

 

Que ver na Peroxa:

Castros e diversos vestixios arqueolóxicos evocan a presenza dos primeiros poboadores na Peroxa. A construción da vía romana Aquas Flavias-Lucus, que pasaba preto do concello, posibilitaron a formación de novos núcleos de poboación que foron expandíndose ó longo das diferentes épocas. Como testemuña, cruceiros, igrexas, pazos e petos de ánimas permanecen no tempo recordando, ós ollos de quen os mira, que cada un deles conta e garda un pouco da vida e historia deste municipio.

O Concello da Peroxa é unha das portas de entrada ao destino turístico Ribeira Sacra, na súa vertente de Ribeiras do Río Miño. Esta localización fai que sexa un territorio cunha paisaxe de bosques caducifolios, plantacións de piñeiros e numerosas extensións de viñedos, dignos de visitar e disfrutar. 

Integrada na Reserva da Biosfera de Ribeira Sacra e Serras de Oribio e Courel, incluída dentro da Candidatura á Patrimonio da Humanidade por UNESCO e do Ben de Interese Cultural "Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra", A Peroxa é un territorio cun indudable carácter natural no que se pode disfrutar dun modo de vida tradicional e de experiencias únicas e irrepetibles vencelladas ao patrimonio natural e cultural. 

A ruta de senderismo do Río Miño (PR-G 179), o entorno natural do Castelo da Peroxa, as feiras mensuais do día 13 e 27 na capitaliade e do día 3 en San Ciprián, a ruta cicloturista de 23 km, a exposición museística do "Lebre das Casarizas", área de autocaravanas, a aldea de Os Peares e os seus miradores, a Aula Museo do Ferrocarril (xestionada polo INORDE), as visitas ás bodegas, as rutas en moto... estas e máis opcións para coñecer A Peroxa!