Que é o Centro de Información á Muller?
É un servizo que se crea co fin de informar, orientar e asesorar ás mulleres da Mancomunidade de Santa Águeda (Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín) sobre calquer cuestión que lles suscite dúbidas ou curiosidades, en definitiva, facilitarlles información e asesoramento rápido, individualizado e gratuíto, sobre aspectos xurídicos, sociais e psicolóxicos, que lles permitan o exercicio e desenrolo dos seus dereitos.
Principios que rexen o CIM
- Anonimato de identidade das usuarias.
- Servizo totalmente gratuíto.
- Respecto á vontade das usuarias na búsqueda de posibles solucións e alternativas das consultas expostas.
- Confidencialidade por parte do persoal do Centro de Información ás Mulleres.
Que servizos ofrece o CIM?
Asesoramento xurídico
As usuarias poden ser asesoradas por unha Avogada en diferentes áreas: familia (separacións, divorcios, herdanzas, impago de pensións de alimentos, malos tratos e todo tipo de problemática relacionada coa violencia de xénero), laboral, civil e outras
cuestións administrativas.
Asesoramento psicolóxico
Préstase por unha psicóloga experta en intervención familiar e pode consistir en intervencións psicoterapéuticas: individuais, de parella ou familiares, asistencia e acompañamento psicolóxicos, intervencións en situacións de risco, atención á vítimas de violencia de xénero, realización de valoracións psicolóxicas, entre outros.
Asesoramento social
O CIM conta cunha Axente de Igualdade que ofrece asesoramento acerca de prestacións e recursos sociais, convocatorias de axudas económicas, etc., nas diferentes áreas de actuación: saúde, emprego, vivenda, formación, violencia de xénero, conciliación, ocio e tempo libre. Así como a tramitación e xestión destes recursos.
Outras actividades
- Charlas, talleres e obradoiros sobre temas de interese para as mulleres.
- Campañas de difusión do IV Plan Galego para a Igualdade.
- Educación en Igualdade cos menores da nosa Mancomunidade.
- Fomento do asociacionismo entre mulleres, información e asesoramento ás Asociacións de Mulleres sobre actividades, recursos, etc.
- Servizo gratuíto de atención e asesoramento ás mulleres vítimas de violencia.
- Combater a feminización da pobreza, os procesos de exclusión social e marxinación que afectan á muller.
Onde nos atopamos?
Estamos situadas na Mancomunidade de Santa Áqueda en A Pena s/n, Vilamarín, Ourense.
Teléfono: 988 28 61 84
Correo electrónico: cimsantagueda@gmail.com
- Horario de atención: Luns a venres de 08:00 a 16:00 horas
- Atención xurídica: Luns a venres de 09:00 a 13:00 horas
- Atención psicolóxica: Lunes a venres de 09:00 a 13:00 horas
Anexo | Tamaño |
---|---|
CIM | 162.8 KB |