Apoderamento feminino no noso concello!
Seguimos a traballar pola igualdade real entre mulleres e homes cunha serie de actividades que apostan polo apoderamento, a formación e a participación activa das mulleres na vida social, económica e comunitaria. Para informarte e anotarte nestas actividades, subvencionadas pola Consellería de Política Social e Igualdade e cofinanciadas pola Unión Europea, podes chamar ás oficinas municipais en horario de 08:30h a 14:30h.
Porque cando as mulleres avanzan, a sociedade enteira medra.
