PROGRAMA NADAL 2025
O Concello da Peroxa presenta o seu Programa de Nadal 2025 cunha variada programación cultural e lúdica pensada para todas as idades.
As actividades comezan coa actuación do Grupo de Acordeóns Bieito Blanco, que realizará unha ruta polas residencias e un concerto no Auditorio Municipal. A programación continúa con teatro para público adulto, propostas infantís como Pazolandia e Peroxaland, campamento de Nadal e actividades formativas como Exploradores Dixitais.
O Nadal complétase con espazos de diversión, cultura e convivencia que enchen o concello de ambiente festivo durante estas datas tan especiais.
BO NADAL !