ROTEIROS DE PRIMAVERA 2025

Compartir

ROTEIROS DE PRIMAVERA

Volven á Peroxa os Roteiros de Primavera durante o mes de maio! 

 

Terán saída todos os domingos de maio ás 10:30h dende diferentes puntos e para participar é imprescindible anotarse nas oficinas municipais, xa que está establecido un grupo mínimo de 6 persoas. Son rutas circulares de dificultade moderada, con algúns tramos de subida e baixada e cunha lonxitude de entre 6 e 8 km, pero aptas para todos os públicos.

 

Iranse facendo pequenas paradas para comentar a contorna e contarase coa participación dos veciños e das veciñas das aldeas polas que pase o roteiro. Para máis información, contactar nas oficinas municipais chamando ao 988 20 66 14 ou no enderezo electrónico turismoaperoxa@gmail.com.