A Igrexa de Santiago foi construída na segunda década do s. XX, con pedra do Castelo da Peroxa, a imitación dun templo de estilo barroco. Na súa fachada loce unha dobre espadana coroada por un Cristo Rei. Tamén ten zonas que presentan arcos de medio punto con tímpano e vidreiras. A sancristía é de construción menos nobre, polo que podería ter sido aproveitada dunha época anterior.