Mostra do barroco rural –s.XVIII-XIX– típico do país, destaca pola súa monumentalidade.
A fachada principal aparece dividida en tres tramos por unha serie de pilastras adosadas, que enmarcan a porta, coroada por unha cornixa, decorada con grilandas, facendo de pedestal dun vao rectangular no que se inscribe unha imaxe vidrada da Virxe María.